Somos arboricultores cunha ampla traxectoria
Os das Árbores, somos unha empresa especializada en arboricultura, poda en altura, xardinería e paisaxismo en Ponteareas de maneira que ofrecemos un servizo profesional no apaixonante e amplo sector do arboredo urbano.
Os nosos esforzos céntranse na plantación e mantemento de árbores, sendo poda en altura, revisións de seguridade arbórea e abatementos en situacións complexas, os nosos servizos máis demandados.
A idea de crear Os das Árbores xurdiu no ano 2018, ante unha demanda do sector de profesionais especializados e altamente cualificados. Cos nosos coñecementos tentaremos ofrecer a mellor solución e un enfoque novo á demanda dos nosos clientes.
A pesar de que as nosas instalacións atópanse situadas en Ponteareas, a nosa área de traballo céntrase en toda a provincia de Pontevedra e Ourense, mesmo puntualmente podemos desprazarnos a calquera punto de Galicia para efectuar os nosos servizos.
Ademais, traballamos cada día co obxectivo de xestionar o arboredo público e privado, para mellorar así a seguridade e convivencia de árbores e persoas.